I Xornadas Libertarias de Pontevedra Irak:guerra aberta

Extraido de CNT Galiza

A conferencia “Irak: Guerra Aberta”, fará un percorrido sobre a actualidade da situación neste territorio devastado, proxectarase o documento independente “Testimonios de Faluya”.


O xornalista Jose Couso foi asesinado o 8 de Abril de 2003 mentres facía o seu traballo dende o hotel Palestina, sede da prensa internacional en Bagdag durante a invasión de EEUU a Irak.
A mañá de ese martes, nunha hora e media o exercito estadounidense atacou as tres sedes da prensa, destruiu as sedes de Al-jazeera e Abu Dhabi, e asasinou xunto a Jose Couso a Taras Proysyuk cando un tanque disparou o
hotel Palestina, centro loxístico da prensa internacional e lugar especialmente protexido; o exército americano deu coma única resposta que se disparou a un inimigo que se atopaba na azotea; cando o compañeiro de Jose Couso, Jon Sistiaga, voltou a Madrid dixo: “Efectivamente, el tanque disparó a un enemigo que había en el Hotel, éste era José, con su cámara
que le enseñaba al mundo lo que Estados Unidos estaba haciendo en aquel país.”
Por iso e como símbolo desta guerra que desencadenou a invasión estadounidense, e coma homenaxe a tódolos xornalistas asesinados por ser voces incomodas, a CNT de Pontevedra pediu unha rúa na cidade de Pontevedra.
E por iso estará o próximo martes 31 as 20:00 horas na Galería Sargadelos, Javier Couso irmán de José, que xunto a sua familia, amigos, e compañeiro de Jose iniciaron fai casi catro anos unha loita por atopar a dignidade que os governos de España e EEUU lles quixeron roubar.

A conferencia servira tamen coma punto de partida das “I Xornadas Libertarias de Pontevedra” que se extenderan durante todo o mes de Novembro, con conferencias sobre a cultura libertaria escrita e oral, a memoria da guerra civil con documentais e conferencias, e a situación actual do sindicalismo. Unha oportunidade que o sindicato CNT espera se convirta nunca cita anual basica na cultura da cidade.

Esta entrada fue publicada en Anarcosindicalismo, General, Noticias. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s